|
O mercado e a globalización. José
Luís Sampedro. Editorial Destino
"Coa queda do muro de Berlín e o derrube
soviético desapareceu o único grande rival oposto á
expansión do capitalismo, que, desde entón, ten intensificad o
coa nova tecnoloxía informática o seu dominio sobre
os mercados mundiais, organizando unha rede especulativa e financeira
non controlada polos gobernos, en virtude de medidas liberalizadoras.
Os ideólogos e beneficiarios do sistema afirman que esa rede,
coñecida como Globalización, conducirá á
riqueza para todos e, ademais, é consecuencia inevitábel
do progreso técnico.
Son certas estas afirmacións ou son teorías elaboradas
para xustificar o acaparamento de poder e riqueza conseguido ao dominar
as transaccións mundiais? O feito é que fronte a esta
filosofía de mercado sen controlo alzan-se numerosos obxectores
para lembrar que cada ano é meirande a foxa entre os países
ricos e os pobres, referindo-se ademais a problemas planetarios (como
o medio ambiente, as epidemias, o xenocidio, o terrorismo) que só
se resolverán globalizando todo o importante para a existencia
humana e non apenas a rendibilidade económica. Deste modo,
un outro mundo é posíbel.
Como sería ese mundo? Cais son as consecuencias desta globalización
para pobres e ricos? Como lograr que o poder político dos gobernos
democráticos volte a controlar hoxe o supremo poder económico
transnacional? Alcanzará-se un outro mundo máis racional
e equitativo?
José Luís Sampedro, catedrático de Estructura
Económica, desvenda a economía de mercado diante dos
ollos de calquer leitor para permitir-lle afrontar esas cuestións.
Con eficacia narrativa, mais tamén coa rigorosa claridade acreditada
nas súas obras anteriores, o profesor Sampedro amosa-se convecido
de que non vivemos o fin da historia -como cre certo pensamento liberal-,
mais, polo contrario, a súa permanente evolución e cambio.
Por isto cabe anunciar serenamente que un outro mundo é seguro.
Pois como cantou o poeta: "Non é cara abaixo, nen cara
atrás, a Vida".
|