|
A
gran desilusión. Joseph Stiglitz.
Ed. Taurus.
Atopámonos diante dunha publicación de
denuncia severa dunha das institucións que dende fai xa varios
anos concentra as críticas permanentes e en nada abusivas do
movemento "antimundialización": trátase do Fondo
Monetario Internacional, máis coñecido como FMI.
O libro de Joseph Stiglitz o proba con contundencia rigorosa e de xeito
metódico en cada unha das súas 300 longas páxinas.
Joseph Stiglitz non é un personaxe calquera: trátase dun
premio Nobel de economía e especialista na economía da
información. Este antigo conselleiro do presidente Clinton, ocupou
tamén a responsabilidade de economista doutra institución
obxecto tamén de críticas habituais: o Banco Mundial,
BM, dende 1997 ata ó ano 2000 en que dimitiu de xeito estrepitoso.
Este
cumio de privilexio permitiulle comprobar de cerca os efectos que as
políticas de ambas institucións, FMI e BM, inducían
nos países emerxentes e sobre todo no caso de Rusia, que no libro
mencionado recibe unha particular atención. Máis aló
da actitude neocolonial dos seus dirixentes, Stiglitz amosa coa forza
que teñen os exemplos concretos, a obstinación que as
devanditas institucións, fundamentalmente o FMI, teñen
en impor máis alá do sentido común - calidade que
parece ser indefendible na razón económica - as mesmas
condicións para ter acceso ó outorgamento das axudas:
liberalización do comercio, privatización e loita contra
a inflación. E esto ó contrario do que tiña sido
o leiv-motiv que lle asignara Keynes no momento da súa creación
en 1944 : servir de axuda ós gobernos nos seus esforzos de relanzamento
económico, coa finalidade de asegurar a prosperidade internacional
como medida eficiente de garantía da paz mundial.
Un dos argumentos máis habituais dos chamados "anti"
é acusar ó FMI de ser correa de transmisión ó
servicio dos intereses das multinacionais e dos países occidentais.
Stiglitz, se ben rexeita a contundencia desta aseveración, non
deixa de observar e así o sinala, que "se se examina ó
FMI como se os seus obxectivos fosen os de servir á comunidade
financeira, atopariamos un sentido ás disposicións que
adopta, a falta deste obxectivo ás súas decisións
parecerían contradictorias e intelectualmente incoherentes".
A GRAN DESILUSIÓN é a toma de conciencia destas motivacións
ideolóxicas que dictan as decisións do FMI. Especialista
da economía da información Stiglitz é sensible
á falta de transparencia da citada institución. Cuestión
esta que non deixa de sinalar e que se lle aparece tanto máis
insoportable canto é unha esixencia que o propio FMI pide ós
países que di pretender axudar.
Un libro que de entrada parecería fóra do circuíto
popular, pero que Stiglitz nos demostra como a pesar de, o sobre todo
por, ser un Nobel de Economía sabe facerse entender como bo pedagogo,
economista e sobre todo trasládanos á necesidade de colocar
á xente no centro das decisións económicas.
|