Acampada
contra o Cumio da OMC
|
| |
|
|
|
|
| Montando | O Acampamento | Preparando un acto | Prza.da Princesa | O mundo non é... |
| |
|
|||
| Ceando | Xente ATTAC+RCADE |
Durante o mes de novembro tivo lugar na viguesa praza de Compostela unha acampada para protestar contra os acordos que se ían tomar no cumio da OMC a celebrar en Doha (Qatar). O Obxectivo deste acto, inscrito nunha campaña europea de rexeitamento deste organismo, era informar ós cidadáns das consecuencias que a firma do AXCS (Acordo Xeral sobre Comercio e Servicios) ía traer ós cidadáns de todo o mundo, fundamentalmente o desmantelamento de caseque tódolos servicios públicos ofertados polo estado e a entrega ás grandes compañías transnacionais dun poder casi omnímodo para pasar por riba dos dereitos fundamentais dos cidadáns (ensino, sanidade, xestión de recursos básicos como auga ou enerxía, etc.); convocada por ATTAC-Vigo e RCADE-Vigo a acampada botou adiante cunha serie de actividades que incluían conferencias, concertos, debates e actividades lúdicas. Os dous momentos máis destacados désta foron a multitudinaria conferencia que o membro de ATTAC Carlos Frade pronunciou no paraninfo da universidade de Vigo a propósito do AXCS, e a manifestación de peche que se celebrou na Praza da Princesa, onde unhas duascentas persoas asistiron á lectura dun manifesto esixindo o rexeitamento do AXCS e un cambio radical no seo da OMC.
| principal
| quen
somos | accións
| contactos
| axenda
| documentación
| revista
| enlaces
|
© ATTAC-Galicia 2002