![]() |
Somos un movemento internacional de cidadáns para o control democrático dos mercados financieiros e as súas institucións
Debido a iso o progreso só favorece á minoría que estableceu as regras do xogo. A inmensa maioría sofre as angustias da inseguridade, o risco, a precariedade e o desemprego.
E este incremento concéntrase no cumio. Segundo o Programa de Nacións Unidas para o Desenvolvemento, actualmente as "10 persoas máis opulentas teñen unha riqueza equivalente á producción de 50 países, e os 447 máis poderosos suman unha fortuna maior que o ingreso anual da metade da humanidade".
Estes grupos non deixan de falar a favor da liberalización e a desregulación, e en contra das preocupacións ecolóxicas e a sociedade do benestar, ó tempo que esixen solo edificable gratis, subvencións, beneficios fiscais e privilexios de tódalas clases. Denigran o Estado do benestar tachándoo de "Estado asistencial", porque eles só favorecen o "asistencialismo" ós opulentos.
Organismos internacionais, que están tan alonxados dos cidadáns como próximos ós grupos de interese (véxase, senón, o Fondo Monetario Internacional, o Banco Mundial e a Unión Europea mesma, co seu preocupante déficit democrático). Tratados con cláusulas secretas (ALENA, entre
México, U.S.A. e Canadá ou a Ronda do Milenio da Organización Mundial
de Comercio) e acordos feitos de costas ós cidadáns (como o temporalmente
fallido Acordo Multilateral de Investimentos que outorgaría tódolos
dereitos ós inversores e imporía tódolos deberes ós Estados e ós seus
cidadáns, implantando así o totalitarismo económico).<![endif]> Son os cidadáns os que, libre e responsablemente, deben decidir sobre o seu destino. Desta convicción profundamente democrática nace ATTAC - Asociación por una Tasación das Transaccións financieiras de Apoio á Cidadanía
Nacido a partir dunha iniciativa do Director de Le Monde Diplomatique en Francia en xuño de 1998, ATTAC é un movemento internacional de cidadáns, preocupados polos asuntos colectivos e empeñados en buscarlles solución.
A finalidade de ATTAC é devolverlle o poder arrebatado ós cidadáns polas transnacionais e os grupos de interese.
(1) Establecer mecanismos democráticos de regulación e control dos mercados e do sistema financieiro internacional; (2) impulsar e fortalecer o desenvolvemento dunha opinión pública mundial independente, activa e ben informada.
Os resultados acadados ata o de agora foron alentadores: a simple publicación das condicións dictatoriais do Acordo Multilateral de Investimentos, as mobilizacións contra a Ronda do Milenio da OMC en Seattle e a anulación da xuntanza do Banco Mundial en Barcelona, paralizaron algunhas das iniciativas máis agresivas dos poderes económicos mundiais. Trátase simplemente de reapropiarnos, todos unidos, do porvir do noso mundo |