|
![]() |
|
ATTAC: Movimento Internacional de cidadáns
para o control democrático dos mercados financieiros e as súas
institucións.
A pesares da súa xuventude ATTAC existe na meirande parte dos países de Europa Occidental e nun importante número de países africanos e sudamericanos ademáis de ter estreitas relacións con organizacións similares do resto dos continentes. ATTAC ven de participar moi activamente nas úlltimas manifestacións contra as políticas neoliberais imperantes (Seattle, Washington, Davos, Praga, Marsella, Niza, Barcelona, Xénova). Dende ATTAC propoñemos e actuamos para que se devolva á cidadanía o poder que lle están a arrebatar as empresas transnacionais e os grupos de interese. É necesario establecer mecanismos democráticos de regulación dos mercados e do sistema financieiro internacional e conseguilo pasa por movilizar a unha opinión pública mundial independente e ben informada. TRÁTASE DE REAPROPIARNOS TODOS UNIDOS DO PORVIR DO NOSO MUNDO. QUE NADA DO QUE NOS AFECTE SE FAGA SEN O NOSO CONSENTIMENTO |
| ATTAC: UNHA PRESENTACIÓN
¿Que é ATTAC? ¿Qué pretende? ¿Qué obxectivos se propón? Entre outras medidas ATTAC propón: ATTAC colabora con outros movimentos, con redes sociais e con publicacións
para acadar os seus obxectivos. Son xa miles de persoas que no mundo
se uniron a ATTAC e participan en redes e grupos de información,
de estudio e debate, e en campañas nacionais e internacionais.
O que ATTAC se propón combatir , a dictadura dos mercados, está
na orixe de case tódolos problemas actuais: a destrucción
do planeta e as culturas, a débeda, a inseguridade persoal e
colectiva e o conflicto entre pobos. Os resultados acadados ata o de
agora foron alentadores: a simple publicación das condicións
dictatoriais do Acordo Multilateral de Investimentos, as mobilizacións
contra a Ronda do Milenio da OMC en Seattle e a anulación da
Xuntanza do Banco Mundial en Barcelona, paralizaron algunhas das iniciativas
máis agresivas dos poderes económicos mundiais. |
| QUE É A OMC
A OMC, Organización Mundial do Comercio (ou WTO: World Trade Organization) nace como resultado dun longo e complexo proceso de negociacións, coñecido como "Ronda Uruguay", que culmina, en xaneiro de 1995 coa sustitución do GATT (Acordo Xeral de Aduanas e Comercio), que establecera as normas reguladoras do comercio internacional dende 1948. Créase co obxectivo de favorece-lo comercio internacional, especialmente entre os pasíses máis ricos, pero sin poñer en peligro os intereses económicos dalgúns sectores deses países. Dende o seu inicio a OMC non só non forma parte do sistema de Nacións Unidas, senón que ademáis non se somete á Carta da ONU.
O órgano de goberno da OMC é o seu Consello Xeral. Nel, non tódolos países teñen o mesmo número de representantes: éste depende da riqueza do país. O propio Consello elabora as normativas, vixila a súa execución e resolve os conflictos que poidan surxir: ésto supón unha concentración de poder absolutamente incompatible coas normas de funcionamento dunha institución democrática. Este Consello basea as súas decisións nos documentos elaborados polos seus comités de expertos. Nestes comités abondan membros das máis importantes multinacionais da Terra. En síntese: a OMC é unha organización opaca, de carácter antidemocrático e creada co obxectivo de facilita-lo movimento das grandes multinacionais dos paises ricos ó longo de tódolos países do mundo eliminando tódalas trabas que estes podan poñer ás súas actividades. (fonte: ATTAC Catalunya) |
| TOBIN TAX
A idea de cobrar un imposto ás transaccións financeiras
cada vez ten máis adeptos, unha idea que fai xa mais de trinta
anos foi presentada pero que é agora cando seduce a parlamentários,
sindicalistas, intelectuais, feministas, militantes de todo tipo e sobre
todo ós novos movimentos sociais. Todos contribuiron a transformar
esta proposta nun tema social, de debate político, un eixo de
investigación no terreno das posibles regulacións dos
mercados financeiros, asi como no dos modos alternativos de financiación
ao desenvolvimento. Este artigo foi publicado no Faro de Vigo o 30-8-2001. |
© ATTAC-Galicia 2002