|
ARXENTINA: A GLOBACIZACIÓN DO CAOS
A estas alturas xa ninguén dubida que Arxentina vive unha
crise de moi difícil solución, que seguramente é
o expoñente máximo, aínda que hai outros, das
políticas neoliberais, de pensamento único, que abogan
por un sistema de globalización das leis financieiras e de
mercado, co obxectivo de garantir e incrementar cada vez máis
o beneficio dos grandes capitais, e, non o olvidemos, a hexemonía
política e económica dos máis ricos, obivando
e despreciando calqueira medida que tenda a favorecer-lo reparto equitativo
da riqueza e o benestar social.
En Arxentina unha conxugación de corrupción política
e de medidas económicas favorecedoras do despilfarro, o enriquecimento
ilícito, a fuga de
capitais, a descapitalización e venda das empresas públicas
e os recursos básicos non podía traer outras consecuencias.
A Arxentina de hoxe, comparada coa dos anos 40 ó 60 cambiou
sufrindo unha profunda regresión como potencia industrial periférica,
a consecuencia do cal a gran maioría da poboación vive
moito peor que fai 30 anos.
Esta tendencia de regresión disparouse de forma imparable cos
gobernos da dictadura militar, onde ademáis das deplorables
actuacións no político e no social, deuse unha circunstancia
de enorme valor á hora de analiza-la economía, e é
que Arxentina converteuse nunha alumna privilexiada do Fondo Monetario
Internacional (FMI) e pasou a aplicar rigurosamente os programas e
as medidas dictadas desde a reserva federal estadounidense, é
dicir desde Washington. E isto nun escenario, onde desde o capitalismo
máis salvaxe, afinábase un sistema de globalización
económica, tendente a descapitalizar-los estados, endeudándoos
hasta a súa quebra, co propósito de anula-la independencia
das súas decisións, e con elo calqueira política
pública que en aras dun maior benestar das poboaciones, supuxera
un freo ó beneficio do capital e dos mercados.
Arxentina aplicando estas medidas dictadas reduxo de xeito alarmante
o seu poder público, e endebedouse hasta extremos insostibles.
A venda de empresas ó capital estranxeiro e ás multinacionais
supuxo a liquidación dunha grande parte do patrimonio nacional,
de sectores básicos para a súa economína, atopándonos
que a día de hoxe, o 90 % da banca e o 40 % da industria estén
en mans privadas e foráneas.
Da débeda externa bastaría decir que entre o comenzo
da dictadura (marzal de 1976) e o ano 2001 multiplicouse case por
20, pasando de menos de 8.000 millóns de dólares ós
160.000 millóns actuais. Cando durante ese mesmo período
Arxentina ten pagado 212.280 millóns, é decir 25 veces
o que debía no inicio. É importante decir que dentro
de todo este maremagnum as empresas privadas e as filiais das multinacionais
estranxeiras foron incentivadas tamén a endebedarse, así
o estado arxentino paga a débeda, moitas veces ás propias
empresas matrices, de filiais como Renault Arxentina, Mercedes Benz,
o City Bank, Chase Manhattan Bank, Bank of America, First National
Bank of Boston, IBM ,Crédit Lyonnais, Deustche Bank, Société
General... dándose exemplos como o depositar por parte do estado
22 millóns de dólares mensuais no Chase M. Bank a un
interese do 5,5 %, mentras o Banco Central Arxentino tomaba préstamos
do mesmo Chase M. Bank, e no mesmo período, a un interese do
8,75 %. Sen comentarios.
Se a estos exemplos e tódalas demáis irregularidades
cometidas engadimos que só entre 1978 e 1981 saíron
do país máis de 38.000 millóns de dólares
de xeito inxustificado e que o 90 % dos recurso que xeneraron os préstamos
e os seus intereses voltaron a ser depositados dunha ou outra forma,
en bancos estadounidenses e da Europa Occidental, estamos en condicións
de afirmar que a débeda é inmoral e ilexítima,
e por suposto unha das principais razóns da crise.
Unha crise que como se dicía ó comenzo é só
a mostra máis actual e vergoñenta doutras xa latentes.
Unha situación á que non é allea a situación
interna, a ineficacia de moitos gobernos e unha corrupción
política desmesurada. Pero na que os países ricos, apoiándose
en estructuras como o FMI, a OMC, ou o Banco Mundial que realmente
están baixo as súas directrices, e cuio obexctivo último
é garanti-la súa hexemonía política e
económica, teñen unha enorme responsabilidade.
Agora a cuestión está en buscar solucións, en
imperdir que esta situación esténdase e perpetúese.
¿Seremos capaces de opoñe-la resistencia necesaria,
de ampliar e profundizar na lexitimidade democrática, de impoñe-lo
auténtico concepto de globalización, é decir,
máis e mellor reparto da riqueza, dos recursos, e do benestar?
Jesús Heredero ATTAC-Galicia
|